Productos da tenda

Queixos

Como o nome da tenda indica, na Casa do Queixo dispoñemos de gran variedade de queixos galegos, nacionais e internacionais. Dentro de esta variedade temos de ovella, cabra, vaca…de leite cruda ou pasteurizada e…ata de diferentes cores! Eso sí todos moi ricos.

Embutidos

Un bo queixo, sempre foi ben acompañado por xamón ou embutidos de primeira calidade. Na nosa tenda poderedes pedir: Xamón (serrano, ibérico ou celta), salchichón e chourizo (ibérico ou celta), lomo ibérico ou cecina e tamén contamos con algo máis saudable, pavo 99% libre de grasa e como non, en tempo de matanza temos carne da casa.

Pan

“Quen trigo sembra, pan recolle” no noso caso, este dito non é certo, xa que o noso pan que ven o dereitiño de Vilalba, é mezcla de trigo e centeo. Temos bolos de medio Kg e barras, pero por encargo podemos traer bolos de 1 kg e empanadas de diferentes ingredientes (sempre como mínimo con 2 días de antelación para a encarga)

Conservas

Contamos con gran variedade de conservas, e agora tamén de algún que outro producto fresco como arándanos da nosa zona, de Betanzos. En canto as conservas, intenamos escoller as de máxima calidade ou ecolóxicas. Témolas saladas e doces. Dámosvos un consello, co queixo Arzúa Ulloa, o noso Mel e un ingrediente TOP!

Aceites

“Para ser Extra Virgen: el olivo da prensa á despensa”  non contamos con móitos tipos de aceites diferentes, pero o que si podemos asegurar, é que son do mellor que hai en España. Un é galego, os outros dous son de Cáceres, pero de diferentes zoas e calidades. Son auténticos luxos para o corpo e para o padal. Non quededes sen probalos.

Especies

Podemos presumir, (en este campo si), de que todas as especies que temos son ecolóxicas; da marca Orballo, os cales tamén poden presumir de ter plantación propia para cada unha das especies e de mimar a terra mais o producto o 100%. As especies, ademáis de ser un producto saudable, están boísimas. Advertimos… ¡Os que proban, repiten!

Infusións

“Se tes frío, o té quentarate. Se tes calor, o té refrescarate e se estás desanimado, o té animarate” gran verdade donde as haxa. Queredes un té ou infusión? So tedes que preguntarnos en tenda, xa que temos gran variedade de sabores, tamaños e formatos nos que ven envasado o producto. Todos estes tamén son ecolóxicos e temos 3 marcas diferentes, as cales tamen enfocan o seu producto para diferentes usos. O que teñen en común é que son unha auténtica delicia.

Doces e Chocolates

A quen non lle gusta endulzar a vida, con unhas riquísimas pastas, chocolates ou galletas? Ou mellor dito, a quen lle amarga un doce? A ninguén! Temos gran surtido en calquera das citadas anteriormente larpeiradas, pero todas estas veñenen envases de formais moi diferentes e adaptadas para diferentes….situacións por así decilo. Se queredes facer un regalo orixinal, non hai mellor opción na tenda que as latas decorativas recheas de bombóns, pero hai móito mais, non dubidedes en pasar a ver todo.

Licores

Estamos moi gratamente sorprendidos da gran cantidade de novos sabores que sacan hoxe en día no ámbito dos licores. Nós na Casa do Queixo de Betanzos, intentamos ser conservadores e innovadores o mesmo tempo, polo tanto temos os licores de sempre, pero tamen temos algunha que outra variedade innovadora. So por poñer un exemplo…temos licor de mojito, ou ginebra con frutos do bosque!

Viños

O mundo dos viños, é eso, un mundo; e ademáis moi extenso e interesante. Temos variedade pero penso, que nin unha milésima parte dos que existen. Ainda así, intentamos ter a venta viños selectos en relación calidade precio, xa que pensamos que a calidade non vai no precio simplemente, vai no interior da botella e non sempre teñen que ser extremadamente caros. Gústanos mimar o padal dos nosos clientes e con este producto, non íbamos facer menos. Eperamos que vos gusten!

P.D. Solemos variar moito os viños, excepto os que salen de sempre por copa.

De pinchos na zona vella de Betanzos

Os venres
Boliñas Crumbs 1,50€
Os sábados
Petisco de Queixo 1,5€
pinchos
pinchos
pinchos
pinchos

HORARIOS

LUNS
Cerrado Excepto Agosto, festivos e vésperas de festivo que se abre todo o día
MARTES A SÁBADO
10:30 a 14:15

18:00 a 23:00
DOMINGOS
10:30 a 14:15 Vésperas de festivo ábrese todo o día

Servizos ofrecidos

Pinchos para grupos

Antes de comezar actos ou ocasións especiais, sempre se tomaron unhos pinchiños variados e artesáns mentras que se entabla conversación coa xente convidada. Dado que na tenda cada Venres facemos un pincho distinto e en Betanzos organízase cada ano unha semana do pincho e unha semana da tortilla, ofrecémosvos a posibilidade de organizarvos unha degustación de pinchos ( no local que vos elixades) poñendo variedade para amenizar a espera e deleitando os vosos padales. Se queredes tamén poden ir pinchos a maneira do consumidor. Todos os pinchos serán sempre de primeira calidade con productos ibéricos ou caseiros. Grupo mínimo de 15 persoas, o precio dependerá dos pinchos e a bebida elexida polos clientes.

Catering xira os caneiros

A romería dos Caneiros remontase a móitos anos atrás polas festas do San Roque (para acabar a comida sobrante das festas), patrón das Festas de Betanzos. Centos de persoas suben en embarcacións propias, en embarcacións alugadas ou ben a pé pola ruta dos caneiros. Na Casa do Queixo de Betanzos, queremos ofrecervos a posibilidade de disfrutar da Xira os Caneiros (polo río Mandeo) todo o ano, pero máis ben cando o tempo o permita. De que maneira? Poñendo a vosa disposición 3 menús de diferentes composicións e precios ou ben podedes chamarnos co voso propio menú e preguntarnos o presuposto.

Degustación de productos galegos

Estamos a vivir unha época na que hai móita xente que non coñece os nosos productos, os da terra, eses que facían os nosos avós e visavós nas casas coas súas propias mans. Aprobeitando que a nosa tenda ten as raíces en unha familia labrega, e que en Betanzos temos cada día un viño mellor, ofrecemos a posibilidade de realizar unha degustación de queixos, embutidos e viño. Esta degustación inclúe a actuación de un gaiteiro e acordeonista vestido totalmente co traxe galego e tamén farase unha mostra de cómo se facía antaño o queixo fresco. Requírese grupo mínimo de 15 persoas. Precio a consultar.

A nosa carta

Tabla Variada de Queixo e Embutidos (Grande, Mediana e Pequena) 17€/14€/11€
Espárragos LC 9,45€
Tabla Variada de Queixos (Grande, Mediana e Pequena) 17€/14€/11€
Tabla Variada de Embutidos Ibéricos (Grande, Mediana e Pequena) 17€/14€/11€
Queixo con Anchoas 19€
Ración Pan 1,10€
Tabla de Cecina (Grande, Mediana e Pequena) 18€/15€/12€
Tabla de Xamón (Grande, Mediana e Pequena) 16€/13€/10€
Pementos con Ventresca 19€
Tabla de Xamón e Queixo (Grande, Mediana e Pequena) 16€/13€/10€
Petisco 2€
Tabla de Xamón e Queixo Curado (Grande, Mediana e Pequena) 17€/14€/11€
Tabla con Queixos de Cores (Grande, Mediana e Pequena) 19€/16€/13€
Tabla de Cecina e Queixo (Grande, Mediana e Pequena) 18€/15€/12€
Tabla de Cecina de Wagyu (120g) 24,95€
Tabla de Wagyu con Queixo (120g) 26,95€
Paté de Cabracho 6,80€
Paté de Bogavante 8,25€
Paté de Erizo 9,75€
Paté de Centollo 8,25€
Queixo con Anchoas 19€
Tosta de Xamón e Queixo San Simón
Tosta de Xamón e Queixo Arzúa Ulloa
Tosta de Roxos con Queixo San Simón (En temporada de matanza)
Tosta de Cecina con Queixo San Simón
Queixo con Anchoas 19€
Tapa de Mejillos en Escabeche
Sardinillas Rosa Lafuente
Ventresca
Bonito
Espárragos 9,45€
Espárragos Trigueros
Pimientos de Padrón (en temporada)
Pulpo con Patacas
Pimientos do Piquillo
Pimientos recheos de queixo (Pican)
Rioja por copa: Valdelana
Mencía por copa: Don Cosme
Ribera del Duero por copa: Ferratus
Ribeiro por copa: Viña do Avó
Albariño por copa: Aravo
Godello por copa: Crego e Monaguillo
Mais viños a elegir en tienda pero os demáis son por botella, os blancos avisar unas horas antes en caso de que se queira para poder enfrialos.

Casa do queixo Betanzos en fotos

Reserva a túa degustación ou catering na casa do queixo en Betanzos

Para facer a túa reserva chame ao 981 77 57 43 ou a través do noso correo electrónico: casadoqueixo.betanzos@hotmail.com Enviarémoslle unha ficha de reserva con todos os datos que deberá reenviar cuberta ao noso correo.

Tamén poden cubrir a ficha de reserva que lles amosamos a continuación:

DIRECCIÓN

Rúa Roldán, 1
Betanzos

Como chegar
TELÉFONO

981 77 57 43