Organizamos visitas guiadas para familias e todo público que queira vivir un día na aldea.

casa do queixo

Visitas Guiadas - Especial Desescalada

Con reserva previa, e respectando todas as medidas de seguridade e hixiene, organizamos visitas guiadas ás instalacións para grupos familiares (polo momento 10 persoas máximo), con posibilidade de facer o tramo da Ruta dos Muíños, ver unha demostración de cómo se fai o queixo, e visita á horta ecolóxica e aos animais nos exteriores da Granxa, mantendo as distancias de seguridade e a normativa vixente.

Con posibilidade de xantar no Restaurante Casa do Queixo, en espazos reservados para os distintos grupos, puidendo encargar tanto platos de comida tradicional galega como tapas, sempre baixo reserva, e aconsellando que traiades tuppers da casa por se sobra comida, seguindo os protocolos de seguridade que demanda a situación actual. Para máis información, podedes chamar ao 650955265 ou escribirnos por correo a info@casadoqueixo.com

Todas as novidades da Casa do Queixo de Grixalba podedes seguilas a través das RRSS da Casa do Queixo

As tarifas da granxa

Tarifa única
Ata 5 persoas = 30€ // A partires de 5 persoas = 7€ por persoa
7 /persona Menores de dous anos gratis

Reserva a túa xornada na granxa

Para facer a túa reserva chame ao 650 955 265 ou a través do noso correo electrónico: info@casadoqueixo.com Enviarémoslle unha ficha de reserva con todos os datos que deberá reenviar cuberta ao noso correo.

Tamén poden cubrir a ficha de reserva que lles amosamos a continuación:

DIRECCIÓN

Grixalba, s/n, 15815
Sobrado dos Monxes

Como chegar
TELÉFONO

650 955 265